das mulleres
nos medios
OS COIDADOS
CRENZAS POPULARES
OS OFICIOS
Que é?
No proxecto participan tres Concellos (Coristanco, Malpica e Ponteceso). Trátase da creación dun Obradoiro de Teatro Comunitario coa finalidade de construír un Vieiro cultural do Concello.
Tras dun tempo de investigación e faladoiro coas veciñas pretendemos dar voz e corpo á vida invisible das mulleres rurais, as vidas anónimas; para finalizar chegando a unha homenaxe a todas elas –exemplo de empoderamento e que nos lembran que paga a pena seguir loitando pola igualdade de oportunidades e polo recoñecemento–.
Obxectivos
O traballo é o resultado de catro meses de investigación e entrenamento teatral coas habitantes do lugar, amantes do teatro. Tralas conversas e a creación das escenas, concluirá cun roteiro . O vieiro realizarase coa representación de pezas teatrais en catro recunchos do pobo, onde se contarán catro historias, que mesturan realidade e ficción. Durante o percorrido haberá un acompañamento musical a cargo dun grupo de percusión ou banda do lugar.
O proxecto nos medios
Diversas noticias nos medios que tratan sobre As voces das mulleres.